Inicio Galicia A Xunta habilita dúas marquesiñas na estación de autobuses de Ourense que...

A Xunta habilita dúas marquesiñas na estación de autobuses de Ourense que funcionarán desde mañá xoves como parada provisional ata a entrada en servizo da nova terminal

0
image_gallery.jpg

A Xunta acondicionou unha zona anexa á terminal e instalou estes refuxios para facilitar os servizos de transporte interurbano que operan nesta estación


Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020.- A Xunta habilita dúas marquesiñas na contorna da estación de autobuses de Ourense que funcionarán desde mañá como parada provisional ata a entrada en servizo da nova terminal.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que está a traballar na demolición da actual estación de autobuses, acondicionou unha zona anexa á terminal e dotouna de marquesiñas para dispoñer as correspondentes paradas.

Trátase de facilitar a prestación e uso dos servizos de transporte interurbano que operan nesta estación.

A demolición da actual terminal de autobuses, cun investimento máis de 523.000 euros, comezou hai dúas semanas cos traballos previos de acondicionamento da parada de autobuses provisional e retirada do material de interior.

Estes traballos realizaranse de xeito paralelo ás obras en execución da nova estación de autobuses da intermodal no barrio da Ponte, que seguen a avanzar a bo ritmo.

A actual estación de autobuses foi construída hai máis de 30 anos. Dadas as súas condicións e a inconveniencia de deixar un edificio destas dimensións desocupado nunha zona urbana, a Xunta decidiu redactar un proxecto de demolición.

A intervención ten como obxectivo deixar despexado o solar e aproveitar este espazo para dotacións de carácter social, concretamente, para a construción dunha residencia da terceira idade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre