Inicio Galicia A Xunta habilita a posibilidade de impartir teleformación nos programas que contan...

A Xunta habilita a posibilidade de impartir teleformación nos programas que contan co bono formación

0

A iniciativa, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, pretende paliar os efectos do impacto económico e social derivado da covid-19


A Xunta de Galicia habilita, a través da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a posibilidade de que o Bono Formación se imparta na modalidade de teleformación para aquelas accións formativas financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta posibilidade, que non se recollía nas bases que regulaban os incentivos á contratación por conta allea e formación, ofrécese agora como consecuencia da situación derivada da covid-19 e co obxectivo de paliar os seus efectos e optimizar a empregabilidade das persoas traballadoras e desempregadas, contribuíndo así á mellora da competitividade dos diferentes sectores económicos de Galicia.

Entre as ordes de axudas que se poderán beneficiar desta modificación nas bases reguladoras destaca o programa Galicia Emprega e as súas diferentes liñas: Emprega Xuventude (destinada a persoas mozas), Emprega Discapacidade (dirixida ás persoas máis vulnerables), Emprega Muller e o programa para estimular a contratación de parados de longa duración. Todas estas axudas combinan os incentivos á contratación por conta allea con medidas de apoio para a mellora das capacidades das persoas traballadoras que se incorporan ao seu posto. Os apoios, cuxa solicitude está aberta ata o 30 de setembro, contan cun orzamento de 10,5M€ e poden chegar a máis de 2900 persoas.

Para poder impartir o Bono formación que estas axudas levan asociado na modalidade de teleformación, será necesario contar cunha plataforma virtual de aprendizaxe que posibilite a interactividade, asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado, seguimento continuo en tempo real e a avaliación de todo o proceso. Ademais, programaranse controis periódicos de aprendizaxe. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre