Inicio Galicia A Xunta habilita 38 novas prazas de aparcadoiro na contorna do Complexo...

A Xunta habilita 38 novas prazas de aparcadoiro na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

0

Este novo espazo de aparcadoiro, con 3 prazas para persoas con mobilidade reducida, estará en servizo nos vindeiros días, unha vez ultimado o seu remate


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade habilita 38 novas prazas de aparcadoiro na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

As obras destas prazas no acceso ao hospital están practicamente finalizadas, restando só a colocación de topes no chan para que as rodas dos vehículos non invadan a zona de circulación.

Unha vez que se instalen estes sistemas, previsiblemente entre hoxe e mañá, xa se poñerán ao servizo dos usuarios estas prazas, das que tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Cómpre lembrar que para construír este novo espazo de aparcadoiro procedeuse ao desmontado dunha zona na que existía un terraplén.

Esta actuación enmárcanse no proxecto que está a acometer a Xunta para mellorar a accesibilidade dos hospitais en Galicia.

No caso de Santiago, en xullo comezaron as obras de mellora dos aparcadoiros, firmes e beirarrúas no CHUS, no Hospital Gil Casares, no Hospital Psiquiátrico de Conxo e no Hospital Provincial. Estas intervencións suman un investimento de preto de 460.000 euros.

Concretamente, no Hospital Provincial de Conxo, no CHUS e no Gil Casares levaranse a cabo a reposición de firme en zonas localizadas, fundamentalmente naquelas onde presenta maior deterioro, e tamén se procederá á mellora de beirarrúas.

As obras veranse completadas coas intervencións no Hospital Psiquiátrico de Conxo, consistentes na mellora do firme e na demolición e reposición do pavimento existente.

O obxectivo do proxecto é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos dos centros hospitalarios na procura de favorecer a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións.

Estes traballos foron planificados cos responsables do Sergas, analizando as necesidades de actuación. As obras están a executarse de modo coordinado cos equipos técnicos sanitarios dos complexos, incluso en horario nocturno, para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre