Inicio Galicia A Xunta garante que seguirá financiando a construción do centro de...

A Xunta garante que seguirá financiando a construción do centro de día de Malpica

0

Fabiola García propón asinar un novo convenio polo mesmo importe ca o anterior, malia que o Concello perdeu o anterior por non iniciar as obras a tempo


A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse esta tarde co alcalde de Malpica de Bergantiños, Walter Pardo, e con outros representantes da corporación municipal, e garantiulles que a Xunta de Galicia seguirá colaborando no financiamento para crear un novo centro de día municipal nesta localidade coruñesa.

Deste xeito, o Goberno galego cumpre co seu compromiso coas veciñas e veciños de Malpica de Bergantiños para que poidan dispoñer dun centro de día de titularidade municipal.

O convenio que se asinara en novembro do ano 2018 perdeu xa a súa vixencia, logo de que o Concello non licitase nin iniciase nestes 14 meses as obras para a rehabilitación da Casa do Oleiro, edificio no que está previsto instalar este novo centro de atención ás persoas maiores. Para resolver esta situación, a Xunta propón asinar un novo convenio de carácter plurianual polo mesmo importe co que contaba o anterior, 150.000 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre