Inicio Galicia A Xunta garante ás familias máis recursos de conciliación que nunca

A Xunta garante ás familias máis recursos de conciliación que nunca

0

A través da rede Galiña Azul póñense a disposición dos pais e nais 10.264 prazas de 0 a 3 anos, o dobre que fai nove anos e case un 5% máis con respecto á situación actual


O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, valorou hoxe no Parlamento de Galicia o incremento que se produce ano tras ano no número de prazas de 0 a 3 anos en escolas infantís da Galiña Azul, que arrincarán o vindeiro mes de setembro o novo curso 2018-2019 con 10.264 prazas distribuídas entre os 172 centros de titularidade e xestión pública que conforman esta rede. Esta cifra supón máis do dobre que as prazas existentes fai nove anos e un aumento de case o 5% con respecto ao presente curso.

Na súa intervención, Rey Varela garantiu que a Xunta continuará co apoio ás familias “poñendo á súa disposición cada vez máis recursos de conciliación, pois a nosa aspiración é que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia e, sobre todo, para ser neno ou nena”. Ao respecto, lembrou que o incremento da oferta en escolas infantís é unha das medidas que se recollen no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) que o Executivo autonómico está a desenvolver desde o ano 2015 e co que procura prestar unha atención integral e continuada ás familias galegas en tres grandes eixes de actuación: as axudas económicas, os servizos e a conciliación.

Leer más:  Banca March dona 365 ordenadores a la Fundación Adelias para rebajar la brecha digital en los centros educativos

Ademais, o conselleiro salientou como unha das principais novidades para o vindeiro curso a entrada en funcionamento de cinco novas escolas da Galiña Azul en Santiago, Lugo, Ourense, A Estrada e Mos; así como o regreso á actividade da de Santa Susana, tamén en Santiago, unha vez que rematen as obras de mellora que nestes momentos están en execución. Con estas aperturas, a Xunta oferta aos pais e nais 484 prazas de 0 a 3 anos máis que no actual curso e se achega á meta de crear 1000 novas prazas ao longo desta lexislatura. De feito, cando aínda non se chegou á metade da lexislatura, a Xunta cumpriu máis do 60% deste obxectivo con 607 novas prazas postas en servizo nos cursos 2017-2018 e 2018-2019.

Así mesmo, o titular do departamento autonómico de Política Social apuntou que as 10.264 prazas da Galiña Azul compleméntanse coas prazas sustentadas con fondos públicos en escolas tanto de iniciativa social como privadas, nas de titularidade municipal, nas escolas que dependen do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Universidade; así como as que se corresponden coas axudas do programa Bono Concilia. Da suma de todos estes recursos sitúa en 24.081 a oferta de prazas públicas ou financiadas con fondos da Xunta para o curso 2018-2019. Deste xeito, Galicia continúa cunha ratio de atención en escolas infantís por riba do 41%, oito puntos superior á medida aconsellada pola Unión Europea.

Leer más:  Yolanda Díaz evita comentar la marcha de Mès con BNG, Bildu y ERC para las europeas y reivindica a la candidata de Sumar

Bono ConciliaRey Varela explicou que, ao igual que aconteceu no presente curso, todas as familias que finalmente queden en lista de agarda e o teñan solicitado se beneficiarán do Bono Concilia, axuda económica para que poidan elixir o centro que desexen para os seus fillos. Na actualidade, aproximadamente 3.600 familias recibiron o Bono Concilia -1000 máis que o curso anterior- cun investimento de 4,3 millóns de euros.

O conselleiro comparou estes datos coa situación de 2009 cando eran soamente 1192 familias as que recibían axuda da Xunta para escolas infantís, “hoxe multiplicamos por tres esa cifra e destinamos tres millóns de euros máis que entón a facilitar a través dunha achega económica o acceso a unha praza de 0 a 3 anos”, apuntou.

Por último, Rey Varela lembrou que a Xunta tamén está a estender os recursos de conciliación a contornas empresariais e rurais, financiando a creación de escolas infantís en polígonos e zonas industriais e de Casas niño nas localidades de menos de 5000 habitantes. “Traballamos para que no ano 2020 non haxa ningún concello galego sen, como mínimo, un recurso de conciliación”, concluíu. 

Leer más:  Margarita Robles visitará el martes el Arsenal Militar de Ferrol

- Te recomendamos -