Inicio Galicia A Xunta garante a atención residencial dos 120 usuarios do Hogar Gallego...

A Xunta garante a atención residencial dos 120 usuarios do Hogar Gallego para anciáns de Domselaar, en Bos Aires

0

O convenio proporciona un avance no coidado e no benestar dos galegos e dos seus descendentes que viven na Arxentina


A conselleira de Política Social, Fabiola García, ratificou o compromiso da Xunta de Galicia de garantir a atención residencial dos usuarios do Hogar Gallego para ancianos de Domselaar, en Bos Aires. Este centro conta con arredor de 120 residentes, dos cales en torno ao 40% son de orixe galega. A Administración autonómica e a entidade firmaron un convenio de colaboración cun orzamento de 10.000 euros que servirá para proporcionar unha mellora no seu servizo.

A conselleira explicou que deste acordo se beneficiarán tanto os emigrantes galegos como os seus descendentes, posto que o Hogar Gallego poderá mellorar a súa atención residencial, así como os servizos de prevención sanitaria, incluídos os medicamentos e material de xeriatría que poidan precisar. Así mesmo, destacou o importante traballo diario que realiza, un empeño que a levou a converterse nunha destacada entidade social galega na Arxentina.

Nesta liña, Fabiola García recordou que entre Galicia e Arxentina “hai un océano de por medio, pero tamén un fío invisible que fai que o voso corazón estea sempre unido a Galicia e a nosa mirada sempre pendente dos galegos que aquí residen”, e este convenio plasma a vontade do Goberno galego por manter esta unión.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre