Inicio Galicia A Xunta, galardoada cos premios internacionais Trifinium polo seu labor de fomento...

A Xunta, galardoada cos premios internacionais Trifinium polo seu labor de fomento da Ruta Xacobea

0

O conselleiro de Cultura e Turismo pon en valor o Camiño como “un encontro entre culturas e nacións, un traxecto que deu forma a Europa, a España e a Galicia”


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou este mediodía na entrega dos Premios Internacionais Trifinium Jacobeo 2015-2018 –organizados pola Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago–, nos que a Xunta de Galicia (a través da S.

A. Xacobeo) resultou premiada polo seu labor de fomento da Ruta Xacobea. Durante a súa intervención, o titular do departamento cultural da Xunta de Galicia agradeceu a distinción e aseverou que os Camiños de Santiago “son moito máis que unha ruta turística, unha peregrinación relixiosa ou un percorrido patrimonial; posto que supoñen un encontro entre culturas e nacións, un traxecto que deu forma a Europa, a España e a Galicia”. Tamén foi recoñecida a traxectoria de dous membros do Comité Internacional de Expertos, Paulo Caucci e –a título póstumo– Robert Plötz, en recoñecemento ao movemento asociativo, ao seu labor de divulgación e ao seu traballo de asesoramento aos diferentes gobernos autonómicos. 

Leer más:  La Xunta informa a los jóvenes que no hay dinero disponible para las ayudas de alquiler solicitadas en 2022

- Te recomendamos -