Inicio Galicia A Xunta gaba a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia...

A Xunta gaba a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia durante a entrega do distintivo de calidade EFQM 300+

0

García Martínez lembrou o compromiso do Goberno galego con este colectivo, ao que vén de incrementar as liñas de colaboración nun 5%

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, asistiu esta mañá ao acto de entrega do Selo de Excelencia Europea 300+ á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Un recoñecemento que tiña lugar na sede da entidade e que estivo precedido por unha visita que a responsable do departamento autonómico en materia de discapacidade realizou ás instalacións.

Así as cousas, Fabiola García felicitou a FAXPG pola implantación de sistemas de calidade “que permitirán optimizar os servizos e recursos que a entidade ofrece ao colectivo de persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordo-cegas de Galicia”. Nesta liña, a directora xeral lembrou que o Consello da Xunta acaba de aprobar un convenio de colaboración coa entidade para o mantemento dos servizos de atención a estes colectivos, o servizo de intérpretes de linguaxe de signos e un servizo integral para persoas xordas, xordocegas e persoas con discapacidade auditiva. Unha colaboración que verá incrementada a achega económica da Administración galega un 5% ate alcanzar os 759.826 euros e que permitirá chegar a máis de 5.100 beneficiarios.“Desde a Xunta de Galicia consideramos que a colaboración entre administracións e entidades é primordial para axudar a aquelas persoas que máis o precisan” declaraba Fabiola García logo da súa visita ao tempo que aseguraba que “o traballo que desenvolven entidades como FAXPG é vital para alcanzar a plena inclusión das persoas con diferentes capacidades e o distintivo que hoxe recollen supón un paso máis nese camiño a prol da súa integración real na sociedade”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre