Inicio Galicia A Xunta formaliza o contrato para a redacción do Plan director de...

A Xunta formaliza o contrato para a redacción do Plan director de saneamento de Lalín

0

Este contrato, cun investimento de case 187.000 euros, inclúe as accións para coñecer as carencias do sistema e definir as actuacións para mellorar a depuración das augas residuais tanto en tempo seco como de chuvia

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de formalizar o contrato para a redacción do Plan director de saneamento de Lalín.

Este contrato, adxudicado a Serye Ingenieros por un investimento de case 187.000 euros, inclúe os traballos para coñecer as carencias do sistema e definir as actuacións para mellorar a depuración das augas residuais tanto en tempo seco como de chuvia.

Os traballos previstos, que comezarán nas vindeiras semanas, divídense en varias fases de planificación, sendo a primeira o estudo do sistema actual de saneamento co obxectivo de determinar as características da rede, localizar os puntos de vertido ao dominio público ou cartografar as zonas de especial protección ambiental.

Nunha segunda fase, levaranse a cabo campañas de aforos para coñecer o caudal real que circula pola rede e a capacidade real das posibles estacións de bombeo de augas residuais e da propia estación depuradora.

Nunha terceira etapa, as accións centraranse en modelizar numericamente a rede de saneamento co fin de constituír unha base para o deseño das novas infraestruturas e estratexias de xestión.

Unha vez que o modelo estea calibrado, simularase o comportamento do sistema para un ano medio de precipitación, avaliando os volumes circulantes e enviados á EDAR.

Finalmente, con toda esta información proporanse as actuacións máis adecuadas para mellorar o sistema de saneamento, analizando previamente a súa viabilidade técnica e eficacia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre