Inicio Galicia A Xunta forma ós representantes do sector vitivinícola galego na elaboración dun...

A Xunta forma ós representantes do sector vitivinícola galego na elaboración dun plan de empresa

0

O Museo do Viño de Galicia acolleu hoxe un taller práctico sobre esta ferramenta organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural


O Museo do Viño de Galicia, situado no concello ourensán de Ribadavia, acolleu hoxe un taller práctico sobre as ferramentas de innovación nas empresas vitivinícolas e enoturísticas centrado na elaboración dun plan de empresa.

A iniciativa foi organizada pola Consellería do Medio Rural, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que está integrada na Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Nela participaron colleiteiros, adegueiros e empresarios e emprendedores vitivinícolas, aos que se lles ensinou, de maneira sinxela e gráfica, a facer un plan de negocio dunha empresa neste sector.

Así, este obradoiro serviu para dotar a estes colectivos da devandita ferramenta, abarcando as áreas principais da empresa, como son as de clientela, oferta, infraestruturas e viabilidade económica, coa finalidade de mellorar a eficacia da xestión e optimizar a estratexia para favorecer o fluxo de ingresos do negocio.

Outros obxectivos da xornada foron reflexionar sobre as ideas e modelos de negocio das empresas vitivinícolas a través dunha metodoloxía innovadora e moi visual e aprender a segmentar aos clientes e aportar novas ideas, solucións e propostas de valor, mediante a creatividade en grupo, para unha mellor adecuación da súa oferta. Tamén se abordou a análise das áreas básicas do negocio para detectar as fortalezas e debilidades da empresa e ser quen de seleccionar a mellor estratexia para aproveitar as oportunidades e reducir os riscos da súa actividade.

O taller foi impartido polo profesor Julio López Nogueira, licenciado en Ciencias Políticas e consultor de empresas e de desenvolvemento de negocio. Na actividade tamén participaron o director da Evega, Juan Casares, e o responsable do Museo do Viño de Galicia, César Llana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre