Inicio Galicia A Xunta forma ao sector da castaña de Lugo e Ourense sobre...

A Xunta forma ao sector da castaña de Lugo e Ourense sobre as medidas para combater a avespiña do castiñeiro

0

Como novidade, este ano explicaráselles aos produtores como deben podar nas zonas onde se fixeron soltas do Torymus sinensis para evitar baixas no parasito que combate a praga da avespiña

A Consellería do Medio Rural organizará ao longo do mes de marzo diversas xornadas para dar conta das medidas que se levan a cabo para combater a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus Kuryphilus) e informar así da situación actual da afectación deste insecto na nosa comunidade. Os encontros, que se dirixirán ao sector da castaña, terán lugar entre o día 2 e o 26 do vindeiro mes en sete municipios da provincia de Lugo e noutros 17 da de Ourense.

Como novidade este ano, nas xornadas explicaráselles aos produtores como deben podar onde se fixeron soltas do Torymus sinensis para evitar baixas deste parasito que combate a avespiña. Daráselles conta de que deben evitar a poda ou sortear as bugallas onde se depositase este organismo para que a loita contra a praga poida ser efectiva.

Así, trataranse dous temas principais: esta loita biolóxica con Torymus sinensis, que se está desenvolvendo desde o Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal; e a procura de resistencias e tolerancias nos materiais galegos de castiñeiro e a súa aplicación na mellora xenética, no que está avanzando o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). A maiores, os asistentes poderán coñecer de primeira man a experiencia italiana na loita biolóxica contra esta praga, un referente europeo por levar máis de 15 anos combatendo a avespiña do castiñeiro.

Desde o 2015, a Consellería do Medio Rural iniciou unha serie de medidas para levar a cabo un control integrado da praga, que se centrou principalmente na loita biolóxica co parasito Torymus sinensis, do que se veñen facendo soltas en diversos puntos da xeografía galega. Os resultados do seguimento destas soltas confirman o asentamento deste parasito nos soutos de castiñeiros de Galicia e, polo tanto, dan conta de que esta medida biolóxica é efectiva na loita contra os danos ocasionados pola avespiña do castiñeiro. Por iso, a Consellería do Medio Rural destina este ano preto de 2,2 millóns de euros para reforzar a loita contra este insecto coa solta doutros 1,6 millóns do parasito Torymus sinensis en toda a comunidade.

No tocante á busca de resistencias ou tolerancias nos materiais de castiñeiro galegos que poidan aplicarse no seu Programa de Mellora Xenética, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán publicou no 2018 unha primeira clasificación de graos de tolerancia ao ataque da praga das variedades comerciais de castiñeiro e dos híbridos aprobados como materiais forestais de reprodución, algúns deles empregados polo sector como porta-enxertos de variedades e outros tamén como produtores directos de froito.

ConcellosAs xornadas arrancarán o luns 2 de marzo nos municipios lucenses de Folgoso do Courel e Quiroga e rematarán o xoves 26 nos concellos ourensáns de Vilariño de Conso e Viana do Bolo. A maiores, na provincia de Lugo organizaranse na Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Pantón, Sober e Monforte de Lemos. En Ourense, celebraranse en Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Amoeiro, Trives, Nogueira de Ramuín, Baltar, Trasmiras, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Riós, Oímbra, Vilardevós, A Mezquita e A Gudiña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre