Inicio Galicia A Xunta fomenta o coñecemento da xeografía e do patrimonio natural e...

A Xunta fomenta o coñecemento da xeografía e do patrimonio natural e cultural galego a través do programa Xuventur

0

As Consellerías de Política Social e de Cultura e Turismo ofrecen a 600 mozas e mozos aloxamento e actividades en localidades rurais de Galicia

A Xunta de Galicia fomenta o coñecemento da xeografía e do patrimonio natural e cultural galego a través do programa Xuventur, que durante os meses de outubro e novembro organizou estadías en oito localidades para un total de 600 mozas e mozos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitaron esta mañá aos participantes da actividade Camiños Naturais, Camiños Vitais en Carnota, onde destacaron a importancia dunha mocidade respectuosa coa paisaxe.

Trátase dunha iniciativa dirixida á xente nova empadroada en Galicia de entre 18 e 35 anos. Durante o mes de outubro desenvolvéronse os programas Aventura e Autodescubrimento, en Valdoviño; Natureza Audiovisual e 3D, en Cervantes; Multiaventura, na comarca de Terra de Trives e A Natureza que te coida, en Covelo. Neste mes de novembro as actividades estanse a desenvolver na Estrada, co programa Aventura desde as emocións; no Courel, con Descubrindo o xeoparque; no Parque Natural do Xurés, coas actividades de Naturalmente Outono; e este de Carnota con Camiños Naturais, Camiños Vitais.

Na actividade de Carnota as mozas e mozos realizaron actividades de sendeirismo polo Monte Pindo e a cascada do Ézaro, así como xornadas de limpeza de plásticos e lixo na praia. No resto de localizacións a mocidade tamén puido desfrutar da iniciación ao surf, obradoiros de novas tecnoloxías de imaxe e son, tiro con arco, elaboración de produtos naturais, rafting ou visitas a termas naturais. O programa inclúen aloxamento de venres a domingo en establecementos turísticos de Galicia situados no medio rural, manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo e programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre