Inicio Galicia A Xunta fomenta a mobilidade sostible no taxi destinando este ano máis...

A Xunta fomenta a mobilidade sostible no taxi destinando este ano máis de 1,2 millóns á compra de vehículos adaptados e de baixas emisións tras ampliar as axudas en 290.000 euros

0
image_gallery.jpg

O DOG publica unha nova ampliación de crédito dos incentivos para mercar eurotaxis ou vehículos de baixas emisións, aproveitando a partida sen esgotar habilitada para a instalación de mamparas de protección nos taxis


A Xunta fomenta a mobilidade sostible no taxi destinando este ano máis de 1,2 millóns de euros á compra de vehículos adaptados e de baixas emisións tras ampliar as axudas en 290.000 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse hoxe co presidente da Federación Galega do Taxi, Manuel Sánchez Quindimil, e representantes da entidade.

Vázquez Mourelle lembrou que en xuño o Goberno galego publicaba unha orde de axudas para financiar a instalación de mamparas nos vehículos, achegando ata 75 euros por anteparo. Ao abeiro desta iniciativa, concretou que se subvencionou a colocación de 160 mamparas cunha achega da Xunta de 8.800 euros.

Esta orde estaba dotada con 300.000 euros, pero non chegou a esgotarse o crédito, polo que a partida sen utilizar destínase agora á ampliación das axudas para mercar taxis adaptados á mobilidade reducida ou coches eléctricos, híbridos ou de gas, tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade explicou que se trata de axudas de ata 4.000 euros para o caso dos taxis de baixas emisións, de ata 6.000 euros para vehículos emisións cero e de ata 10.000 euros para eurotaxis.

Destacou que a Xunta leva catro anos consecutivos poñendo ao servizo do sector do taxi axudas para a adquisición de vehículos adaptados mediante achegas que ascenden a case 1,6 M€ que facilitaron a compra de preto de 160 eurotaxis.

Recordou que a comezos deste ano abriuse unha nova convocatoria para continuar con esta liña de axudas para a adquisición de taxis adaptados, contribuíndo a unha Galicia máis familiar e máis inclusiva. Pero ademais, a orde deste ano incorporou, por primeira vez, as axudas para a compra de taxis de cero emisións e taxis ECO.

Así, no mes de xaneiro a Xunta publicou unha primeira convocatoria, dotada cun total de 350.000 euros, ampliando no mes de marzo o crédito, achegando 602.000 euros máis. Ethel Vázquez explicou que estas dúas convocatorias, dotadas con case 1 millón de euros, permitiron outorgar 152 axudas para a adquisición dos vehículos anteriormente descritos.

No día de hoxe, o Diario Oficial de Galicia publica unha nova ampliación do crédito, por importe de 290.000 euros, polo que as axudas destinadas a este fin neste ano ascenden a máis de 1,24 millóns de euros.

Na reunión celebrada esta mañá, a titular de Infraestruturas agradeceulle ao sector o esforzo de adaptación que veñen facendo para dotarse de vehículos máis respectuosos co medio e adaptados a cubrir a demanda de desprazamentos de persoas con diferentes necesidades de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre