Inicio Galicia A Xunta fomenta a economía social para favorecer o emprego inclusivo e...

A Xunta fomenta a economía social para favorecer o emprego inclusivo e un modelo económico centrado nas persoas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde no pleno do Consello Galego da Economía Social

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta tarde en Santiago, durante a súa participación no pleno do Consello Galego da Economía Social, a aposta que a Xunta está a realizar neste eido para contar cun futuro máis inclusivo no ámbito laboral e un modelo económico que non despersonalice aos traballadores construíndo, deste xeito, unha Galicia máis integradora, humanizada e equilibrada que está centrada nas persoas.

Conde puxo en valor o traballo desta entidade na valoración, promoción e difusión das iniciativas vinculadas á economía social; na elaboración de propostas e estudos especializados; na chamada á cooperación empresarial; e na coordinación para que impregne as políticas públicas. Explicou que, xunto co Lei de Economía Social ou a Estratexia galega neste ámbito, o Consello Galego é un exemplo do compromiso da Xunta con este modelo.

Así, o conselleiro explicou que en 2019 Galicia sumou xa 101 novas entidades, o que supón a maior creación en 10 anos e que as prestacións para o sector case se duplicaron nos últimos catro anos. De feito, o orzamento para 2020 para axudas a este sector subirá nun 33% ata alcanzar os 27M€ e ofrecer dedución fiscais ás microcooperativas e manter os laboratorios cooperativos.

Galicia conta cun gran potencial no eido da economía social xa que alberga, segundo os datos recompilados no Libro Blanco presentado este mes, preto de 4800 entidades que dan emprego a preto de 100.000 persoas e suma o 10% do PIB galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre