Inicio Galicia A Xunta fomenta a creatividade da mocidade galega coas finais de artes...

A Xunta fomenta a creatividade da mocidade galega coas finais de artes plásticas e fotografía do certame Xuventude Crea

0

A mostra está composta por 30 proxectos, 17 traballos fotográficos e 13 da especialidade de artes plásticas


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a exposición dos proxectos finalistas das especialidades de fotografía e artes plásticas (pintura e escultura) do programa de creadores novos Xuventude Crea.

A exposición está composta por 30 proxectos, 17 da especialidade de fotografía e 13 da especialidade de artes plásticas -tres esculturas e 10 pinturas-, permanecerá aberta ata o 25 de novembro.

Cecilia Vázquez, que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, sinalou que esta mostra “é un exemplo de unión de esforzos e medios entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela” coa finalidade de ofrecer á xuventude ferramentas para amosar os seus proxectos innovadores e para o desenvolvemento das súas capacidades creativas e ampliación das súas oportunidades. Así mesmo, destacou que os artistas que conforman este catálogo “están chamados a ser os emprendedores artísticos nun futuro moi próximo”. Neste sentido, incidiu en que o Goberno galego procura “estimular á xuventude e por iso ofrece aos mozos e mozas instrumentos para expresar valores como os da arte”.

Leer más:  CyL no cubre 81 plazas de MIR de Medicina de Familia y Comunitaria, siendo la segunda CCAA con más vacantes

En escultura, a exposición inclúe tres proxectos: Disconformidades (serie de poemas-objeto) de Sara Piñeiro Fernández (Lalín), I Am vertical de Carla Souto Rodríguez (Culleredo) e Adela de Iris Rodríguez Justo (Soutomaior).

En pintura, son dez os traballos que conforman a exposición: Líneas vitales de Malle Raet (Narón); Tokio de Luisa María Galbán López (Vilagarcía de Arousa); Sandra de Sonia Seijo Conchado (A Coruña); Cuando le dices a alguien que eres artista de Avelino David Fidalgo Omil (Lugo); Ollar no tempo de Alba Vázquez Seijas (Lugo); Flor neuronal de Beatriz Santos Gestido (Cangas); Curve man de Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona); Que te zurzan! de Andrea Domínguez Torres (Marín); Na eternidade, as nosas amigas ardentes de Rebeca López Villar (Vigo); e En prácticas de Adrián Penido Núñez (Silleda).

Pola súa parte, na especialidade de fotografía, a mostra inclúe 17 proxectos: Fragmentos de vida de Andrea Lois Gómez (Vilagarcía de Arousa); Casanova: vestixios de Andrea Mariño Aguilar (Baiona); 15 minutos despois de Eva Antelo Mata (Pontevedra); Eternizando momentos de David Vázquez Rodríguez (Lugo); Beleza do cotiá de Adrián Vázquez Rodríguez (Lugo); Lectura, persoas e lugares de Belén Cordero Rodríguez (Lugo); Sen título de Eva Neira Carballo (Santiago); Antibandeiras de Zeltia Iglesias Rodríguez (Rois); Still life de Alejandro Rego Díaz (A Coruña); Retratos feministas de Eire García Cid (Nigrán); Des lapins furieux de Beatriz Mazaira Suárez (Pontevedra); Retorno e morriña de Siqi Luis Yang (A Coruña); Above the clouds de Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera (Baiona); Non estar e estar de Beatriz Santos Gestido (Cangas); Style trails de Ramón Follente Rascado (Pontevedra); (O)presión de Sergio Sueiro Miranda (Vigo); e Negro de Adrián Penido Núñez (Silleda).

Leer más:  Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años, ha fallecido

A Igrexa da USC foi hoxe tamén o escenario de presentación da publicación que recolle os proxectos gañadores do programa Xuventude Crea do 2017, unha edición na que foron premiados xa un total de 50 proxectos nas 12 especialidades que incluía o certame. Os premios son 3.000 euros para o proxecto gañador, 1.500 euros para o segundo, e 1.000 euros para o terceiro. Os premios poden ser compartidos. Por outra banda, o xurado tamén pode outorgar mencións de honra, sen dotación económica.


- Te recomendamos -