Inicio Galicia A Xunta fomenta a creación de postos de traballo para as mulleres...

A Xunta fomenta a creación de postos de traballo para as mulleres a través do emprendemento feminino

0

O programa Emega da Secretaría Xeral da Igualdade dispón este ano dun orzamento de 1,7 millóns de euros, o dobre que o ano pasado, para poñer en marcha proxectos empresariais constituídos por mulleres


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe nun espazo incluído no Pont-up Store no que falou do emprendemento feminino e sobre as axudas que a Secretaría Xeral da Igualdade concede a este ámbito no marco do programa Emega.

López Abella destacou que a Xunta traballa no fomento da creación de postos de traballo para as mulleres favorecendo o emprendemento desde a innovación, como motor de cambio e progreso.

Unha das liñas do Goberno galego para fomentar o emprendemento feminino é o programa Emega. Trátase dun conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos de acompañamento, asesoramento e tutorización co fin de implantar os seus proxectos. O obxectivo desta iniciativa é que aquelas mulleres que teñan unha idea poidan materializala e contribúan, ao mesmo tempo, a xerar riqueza e novos postos de traballo.

A convocatoria deste ano dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros, o dobre que o ano pasado, cando se consignaron 850.000 euros. Desde 2009 ata 2018 resultaron beneficiarios 544 proxectos ao abeiro deste programa e creáronse máis de 1.000 postos de traballo femininos.

O programa Emega inclúe catro liñas específicas: a ‘Emprende’, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; ‘Innova’, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; ‘Activa’, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación, ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa; e ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establece unha liña de axudas complementarias, a ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Contía das axudasA contía das axudas depende da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na ‘Emprende’ van de 8.000 a 20.000 euros; na ‘Innova’, de 12.000 a 20.000; na ‘Activa’, de 6.000 a 15.000; e na ‘ITEF’, de 16.000 a 40.000. No caso das axudas complementarias á conciliación, os incentivos oscilan entre 3.000 euros para as promotoras que teñan fillos e fillas menores de tres anos; ata os 5.000 euros, cando as actividades de conciliación estean dirixidas ás traballadoras por conta allea.

A Xunta tamén conta desde 2016 cun programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, unha iniciativa pioneira a nivel estatal. A secretaria xeral da Igualdade sinalou que o Goberno galego ofrece ás vítimas de violencia de xénero os mecanismos necesarios para que a través da súa integración social e laboral, xa que a falta de recursos propios ou dun posto de traballo en moitos casos dificulta a ruptura da situación de violencia.

A Administración autonómica mantén ademais un firme compromiso pola conciliación. Por iso, Galicia foi a primeira comunidade en dotarse dun Plan de Conciliación e Corresponsabilidade aprobado o ano pasado que aposta por políticas efectivas a prol da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e da corresponsabilidade no ámbito doméstico e da familia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre