Inicio Galicia A Xunta fixa como un dos seus obxectivos prioritarios rematar coa fenda...

A Xunta fixa como un dos seus obxectivos prioritarios rematar coa fenda de xénero e favorecer a igualdade laboral entre homes e mulleres

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá en Santiago na xornada ‘Mercado Laboral en Galicia. Perspectiva de xénero’


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada Mercado laboral en Galicia. Perspectiva de xénero, na que incidiu en que un dos obxectivos prioritarios do Goberno galego é rematar coa fenda de xénero e favorecer a igualdade laboral entre homes e mulleres. Neste sentido, lembrou que as axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido laboral están a incentivar cun 25% ás mulleres e destacou a posta en marcha de Emprega en feminino, unha ferramenta que pretende a consecución do espazo que lles corresponde ás mulleres dentro do mercado laboral. Esta folla de ruta contempla catro eixes de actuación: facilitar a incorporación profesional da muller; favorecer o seu desenvolvemento profesional, ofrecer medidas para alcanzar a igualdade na empresa garantindo a conciliación; e promover o emprendemento.

Emprega MullerA secretaria xeral tamén informou da publicación da convocatoria do programa Emprega Muller -incluído en Emprega Galicia- para a contratación por conta allea e formación de mulleres desempregadas. O obxectivo é poñer á disposición das mulleres galegas medidas activas de política laboral que favorezan a súa inserción no mercado de traballo, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, unha maior participación na taxa de actividade e de ocupación, e que contribúan a reducir o diferencial da taxa de desemprego entre homes e mulleres.

As empresas e autónomos que contraten mulleres desempregadas poderán acceder a un bono de contratación con axudas mínimas de 12.000 euros para os contratos indefinidos. No caso de contratos que xa sexan indefinidos, axúdase con 2000 euros a transformación de contratos de tempo parcial a tempo completo. Para converter contratos temporais en indefinidos concederanse apoios de 4000 euros. Tamén poderán optar a un bono de formación que se incentiva con 2000 euros no caso de contratos de 12 meses con 50 horas de formación e que se incrementa ata os 4000 euros se o contrato é indefinido, con 70 horas formativas. Con esta liña espérase chegar ás 340 beneficiarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre