Inicio Galicia A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para...

A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para rehabilitar en Outeiro de Rei co fin de destinalo a servizos sociais

0

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde José Pardo acaban de asinar o convenio en virtude do cal o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación dirixido a entidades locais de menos de 50.000 habitantes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará un total de 44.563,27 euros ao Concello de Outeiro de Rei (Lugo) co fin de financiar a adquisición dun inmoble localizado en pleno núcleo urbano para acometer a súa rehabilitación e destinalo a servizos sociais.

Con este fin, a conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde José Pardo veñen de asinar telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio lucense ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes no financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

En concreto, a achega económica comprometida pola Xunta permitiralle ao Concello de Outeiro de Rei dispoñer dun total de 44.563,27 euros co fin de financiar esta actuación, unha contía que poderá devolver ao IGVS en oito anualidades, de forma cómoda e sen xuros.

Grazas á cantidade percibida con cargo ao Fondo de Cooperación, o Goberno local poderá comprar o inmoble localizado no número 10 da estrada N-VI. Antigamente este edificio estivo destinado a Cámara Agraria e na actualidade alberga a oficina de Correos e serve de local para a Asociación ADSG Santa Isabel. Unha vez completada a súa rehabilitación, a intención do Concello é dedicalo á prestación de servizos sociais.

Novas solicitudes de financiamento por 2,2 millónsCómpre lembrar que o Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha no ano 2017, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e co obxectivo de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para acometer proxectos de rehabilitación mediante a concesión de préstamos sen xuros. Grazas aos compromisos asumidos vía convenio durante o período 2017-2019, outorgáronse xa 4,98 millóns de euros para garantir a execución de 18 actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles nunha decena de municipios.

Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo realizada este ano –cuxo prazo para a presentación de solicitudes se abriu o 7 de xullo e rematou o pasado 1 de outubro- estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros, incluída a actuación para a adquisición dun inmoble para a súa rehabilitación por parte do Concello de Outeiro de Rei. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre