Inicio Galicia A Xunta financiará con 140.000 euros a mellora do firme da travesía...

A Xunta financiará con 140.000 euros a mellora do firme da travesía da AC-543, en Bertamiráns, tras a asunción da súa titularidade por parte do Concello de Ames

0

Trátase do tramo da estrada AC-543, que coincide coa Avenida da Maía, no treito que se sitúa entre a glorieta da autovía AG-56 e o límite municipal de Brión

A Xunta financiará con algo máis de 140.000 euros a mellora do firme da travesía AC-543, en Bertamiráns, unha vez que o Concello de Ames asuma a titularidade desta tramo estrada. Así se acordou hoxe no encontro mantido entre o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o alcalde de Ames, José Miñones, quen se mostrou conforme coa fórmula proposta pola Xunta para que o Concello poida asumir a titularidade da vía e así facilitar que funcione como avenida urbana.

Trátase de intervir no tramo da estrada AC-543, na travesía da Avenida da Maía, no treito entre a glorieta da autovía AG-56, no punto quilométrico 6+250, e o límite municipal con Brión, no punto quilométrico 8+360.

Francisco Menéndez explicoulle ao alcalde que para materializar esta actuación é preciso asinar un convenio de colaboración entre ambas administracións. No mesmo, a Xunta comprometese a financiar con algo máis de 14.000 euros esta intervención, e o Concello executará as obras e comprométese a aceptar o cambio de titularidade. O cambio de titularidade permitirá deixar de aplicar a normativa autonómica en materia de estradas, máis restritiva que a municipal na xestión do dominio público,Ademais, na reunión comentáronse varios aspectos de posibles melloras na AC-544 relacionadas coa seguridade viaria, que serán analizadas por parte de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas.

Cómpre lembrar o compromiso da Xunta con Ames, dedicando uns importantes recursos a permitir o tránsito libre de peaxe dos vehículos pola autovía AG-56, e facilitando ademais o desvío dos vehículos pesados por esta autovía e pola variante que a une con As Galanas para o desvío de vehículos pesados que antes transitaban pola travesía da N-550, no Milladoiro. Este desvío supón unha aportación adicional anual á concesionaria, estimada nuns 150.000 euros ao ano da Xunta de Galicia polo incremento de tráfico pesado que transita pola AG-56, de modo que se permita a mellora da calidade de vida dos veciños de Milladoiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre