A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Baños de Molgas asinaron hoxe telematicamente dous convenios en virtude do cal o departamento autonómico achegará 50.000 euros con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes
A ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará a través de préstamos sen xuros un total de 50.000 euros ao Concello de Baños de Molgas (Ourense) co obxecto de axudarlle a financiar a redacción do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Baños de Molgas e do núcleo rural de Santa Eufemia .
Con este fin, a conselleira Ãngeles Vázquez e o alcalde Jaime Ãscar Iglesias Pérez asinaron hoxe telematicamente dous convenios de colaboración que lle darán acceso ao municipio ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento de apoio aos concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construÃdo.
En concreto, o Concello de Baños de Molgas poderá dispoñer de 20.000 euros para redactar o plan do núcleo rural de Santa Eufemia e de 30.000 para o plan especial do Casco Histórico, unha contÃa que poderá devolver ao IGVS en oito anualidades, de forma cómoda e sen xuros.
Dotación inicial de 10 millóns para o fondoCómpre lembrar que o Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha no ano 2017, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e o obxectivo de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para acometer proxectos de rehabilitación mediante a concesión de préstamos sen xuros.
Grazas aos compromisos asumidos vÃa convenio durante o perÃodo 2017-2019, outorgáronse xa 4,98 millóns de euros para garantir a execución de 18 actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles nunha decena de municipios.
Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo de Cooperación realizada este ano –cuxo prazo para a presentación de solicitudes se abriu o 7 de xullo e rematou o pasado 1 de outubro- estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros, incluÃdas as dúas actuacións comprometidas hoxe co Concello de Baños de Molgas.