Inicio Galicia A Xunta financiará a adquisición dunha furgoneta para o servizo de Protección...

A Xunta financiará a adquisición dunha furgoneta para o servizo de Protección Civil de Oitavén-Tea

0

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración neste sentido co alcalde da Lama, Jorge Canda

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde da Lama, Jorge Canda, co obxectivo financiar a adquisición dunha furgoneta para o servizo de Protección Civil de Oitavén-Tea.

En concreto, a Xunta destinará un máximo de 30.000 euros para que o concello poida adquirir este vehículo, que se destinará á atención das emerxencias nos concellos da Lama, Mondariz-Balneario, Mondariz, Fornelo de Montes e Covelo, localidades ás que atende este servizo mancomunado. Trátase do segundo vehículo que a Xunta concede a este servizo.

Desta forma, a Xunta segue colaborando coas agrupacións de Protección Civil para dotalas de máis medios e recursos para prestar un mellor servizo á cidadanía. De feito, nos últimos 10 anos o Goberno galego ten investido máis de 15 millóns de euros nestas agrupacións.

O vicepresidente da Xunta en funcións aproveitou a ocasión para destacar o traballo que realizan as agrupacións de Protección Civil e valorou, en concreto, a de Oitavén-Tea, como un “exemplo perfecto” de servizo mancomunado que permite atender a máis territorio e, grazas a esta colaboración, fai “todo moito máis eficaz”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre