Inicio Galicia A Xunta financiará 10 novas prazas públicas de centro de día de...

A Xunta financiará 10 novas prazas públicas de centro de día de Alzhéimer en Mondoñedo

0

Fabiola García sinalou que a posta en marcha deste recurso servirá de gran axuda para que os familiares das persoas que sofren esta doenza poidan conciliar

A conselleira de Política Social, Fabiola García, informou de que o concello de Mondoñedo contará cun novo centro de día de Alzhéimer no centro San Rafael, que ofertará 10 novas prazas públicas financiadas pola Xunta de Galicia por un importe de 120.000 euros. Fíxoo esta mañá durante a visita que realizou ao centro xunto á alcaldesa, Elena Candia.

Fabiola García destacou que a posta en marcha deste servizo en Mondoñedo dá resposta á demanda das súas veciñas e veciños fronte a esta doenza que afecta á memoria de quen a padece. Explicou que o centro de día de Alzhéimer, ademais de garantir un servizo de calidade a todas estas persoas, supón tamén unha axuda para que os seus familiares poidan conciliar, en especial as mulleres. Cómpre recordar que, en maior medida, son elas as que coidan das persoas que teñen limitada a súa autonomía.

O novo centro de día de Alzhéimer do centro residencial San Rafael súmase aos servizos xa ofertados nesta instalación xestionada pola asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz: un centro de día con 40 prazas e unha residencia de maiores con 33 usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre