Inicio Galicia A Xunta financia unha nova unidade de atención temperá e consolida outras...

A Xunta financia unha nova unidade de atención temperá e consolida outras dúas que xa están en funcionamento na área de Vigo

0

O Goberno galego asigna a Mos, Cangas e Gondomar 227.498 euros

A Xunta concede axudas aos concellos da área territorial de Vigo 227.498 euros para financiar unidades de atención temperá, concretamente para os concellos de Mos, Cangas e Gondomar, esta última de nova creación.

No que atinxe ao conxunto de Galicia a cifra ascende a 2 millóns de euros para financiar 28 unidades de atención temperá, dez delas de nova creación. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a listaxe de concellos e agrupacións de concellos beneficiados desta liña de achegas cofinanciada polo fondo social europeo e coa que a cobertura deste servizo chega xa a 129 localidades da nosa comunidade.

Do importe total das axudas, 318.000 euros destínanse a financiar a decena de unidades de nova creación, sete en agrupacións de concellos e tres en municipios individuais, como é o caso de Gondomar no caso da área territorial de Vigo.

Ademais, esta rede galega de atención á infancia dispón tamén de recursos nos ámbitos sanitario, educativo e dos servizos sociais.

Prevención de trastornosAs unidades de atención temperá son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade. O Goberno galego segue a apostar por este modelo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar estes menores.

A atención temperá facilítalles ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre