Inicio Galicia A Xunta financia seis novas prazas especializadas na atención a persoas con...

A Xunta financia seis novas prazas especializadas na atención a persoas con Dano Cerebral Adquirido no centro de día de Sarela

0

Con esta medida elévanse ata 29 as prazas públicas postas á disposición das familias a través da entidade compostelá

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá, durante unha visita á asociación Sarela, que a Xunta de Galicia incrementa en seis novas prazas a oferta pública no centro de día desta entidade, especializado na atención a persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA). Esta medida eleva ata 29 as prazas financiadas pola Administración autonómica neste centro.

Fabiola García gabou o traballo que realiza Sarela na achega de solucións para facerlle a vida máis doada ás persoas afectadas de DCA e ás súas familias, ao tempo que avogou por continuar co traballo conxunto para mellorar a calidade de vida das mesmas. De aí, que nos últimos dez anos a Xunta duplicara os fondos destinados á devandita entidade ata chegar hoxe a preto de 390.000 euros, e tamén que na actualidade estean financiadas o 70% das prazas do seu centro de día.

A conselleira sinalou que esta colaboración con Sarela é unha mostra máis do obxectivo do Executivo autonómico por garantir a mellor das atencións ás galegas e galegos que padecen DCA. Estas persoas teñen á súa disposición en Galicia 125 prazas públicas para coidados especializados.

Un compromiso que se estende a todas as persoas con discapacidade, sexa do tipo que sexa, nos orzamentos da Consellería de Política Social para o vindeiro ano 2020, nos que se destinan máis fondos que nunca a atendelos: 115 millóns de euros, un 8,5% máis que o exercicio pasado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre