Inicio Galicia A Xunta financia que as 35 prazas públicas da residencia de Aspas...

A Xunta financia que as 35 prazas públicas da residencia de Aspas amplíen o seu servizo aos 365 días do ano

0

Ata 2018 estaban dispoñibles só 336 días cada ano


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destaca que a Xunta de Galicia financia as 35 prazas públicas da residencia de Aspas estean dispoñibles os 365 días do ano, non só 336 como viña sendo con anterioridade. Fíxoo esta mañá durante a súa visita ás instalacións desta entidade na capital galega.

Fabiola García salientou que o Goberno galego destina na actualidade máis de 1,7 millóns de euros para financiar 131 prazas públicas nos centros da Asociación Aspas, un importe que é un 30% máis do que se destinaba hai 10 anos. Desta oferta, 24 son en vivendas comunitarias, 35 no centro residencial, 30 no centro de día e 42 no centro ocupacional.

Así mesmo, a conselleira enmarcou estas melloras no firme compromiso da Xunta de Galicia coa integración das persoas con diferentes capacidades na sociedade, un compromiso que “non descansa nin domingos nin festivos”, subliñou. Un esforzo compartido con Aspas, á que gabou por o seu importante labor na atención ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias en Santiago de Compostela.

Por último, Fabiola García recordou que a Xunta de Galicia multiplicou por dous os fondos destinados á atención á discapacidade nestes dez anos. Os orzamentos, xa en vigor desde comezos de ano, recollen unha partida a este eido de 106 millóns de euros, un importe que serviu para a creación de máis de 1.100 prazas públicas novas de atención á discapacidade, ata superar hoxe as 5.400 en toda Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre