Inicio Galicia A Xunta financia en Vigo 17 prazas de inclusión e emerxencia social...

A Xunta financia en Vigo 17 prazas de inclusión e emerxencia social no novo albergue de Dignidad Galicia

0

Aos 65.000 euros que se destinaron a súa construción, súmanselle agora máis de 31.000 euros anuais para o funcionamento do servizo

A Xunta de Galicia financia en Vigo 17 prazas de inclusión e emerxencia social no novo albergue da asociación Dignidad Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada pola delegada territorial do Goberno galego, Corina Porro, asistiu hoxe á inauguración deste centro que acollerá a persoas en situación de rúa os 365 días do ano.

A Administración autonómica achegou 65.000 euros á construción desta instalación que servirá de refuxio das persoas que máis o precisan. A maiores, destina máis de 31.000 euros anuais ao mantemento destas novas prazas, 12 delas para homes e cinco para mulleres. Este non é o único servizo que oferta, pois tamén pon á disposición de todos aqueles que o necesiten actividades centradas na inclusión sociolaboral.

Fabiola García recordou que este apoio se enmarca no cumprimento do primeiro Plan de atención ás persoas sen fogar de Galicia. Un plan que conta con 73 millóns de euros para abordar a situación deste colectivo nos vindeiros cinco anos, que prevé a posta a disposición de 100 vivendas para o aloxamento das persoas que están nesta situación como punto de partida para o seu acompañamento social e garante un mínimo de 70 prazas públicas de inclusión en toda Galicia nos vindeiros catro anos.

A conselleira agradeceu a Dignidad Galicia todo o traballo que realiza a favor das persoas en exclusión social e felicitou á asociación polo seu 25 aniversario. Neste sentido, gabou a solidariedade e hospitalidade desta entidade, que contribúe a facer unha Galicia cada día máis acolledora.

Máis recursos para inclusiónAsí, remarcou que o compromiso de facer desta comunidade unha terra mellor vese plasmado nos Orzamentos do Goberno galego para 2020, os máis sociais da historia con 776 millóns de euros destinados a Política Social, un 6% máis que neste ano. Este incremento permite destinar a políticas activas de inclusión 120 millóns de euros, un 70% máis que en 2009. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre