Inicio Galicia A Xunta financia con case 13,7 M? a actividade científica das unidades...

A Xunta financia con case 13,7 M? a actividade científica das unidades de investigación máis punteiras no sistema de I+D+i galego

0
image_gallery.jpg

O Goberno galego asegura o financiamento estable do labor de 90 grupos pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación galegos, ás fundacións de investigación sanitaria e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia


O Goberno galego -a través da resolución conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación- vén de destinar un total de 13.650.000 euros a financiar a actividade investigadora das 90 unidades de investigación máis punteiras que traballan nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación en Galicia, das fundacións de investigación sanitaria e nos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).

O obxectivo desta liña de axudas -cuxa resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia é asegurar un financiamento estrutural e continuado por un período de entre tres e cinco anos (desde o presente 2020 ata o 2024) en función das modalidades, condicionado a criterios de calidade, que garanta un financiamento basal dos grupos científicos máis excelentes do sistema galego de I+D que lles permita desenvolver o seu labor de xeito estable e cunha liberdade de acción suficiente para reorientalo de ser o caso.

Do total de beneficiarios desta convocatoria, 76 grupos están vinculados ás tres universidades de Galicia, e recibirán un importe de 11.560.000 euros; mentres que os 14 restantes, que recibirán un total de 2.94.710 euros, están vinculados a outros organismos públicos de investigación.

Grupos de Referencia Competitiva Na modalidade A, dirixida aos Grupos de Referencia Competitiva, resultaron beneficiados un total de 28 grupos. Os Grupos de Referencia Competitiva caracterízanse por bos índices de publicacións científicas, un nivel de captación de recursos elevado e competitivos a nivel estatal e en moitos casos internacional.

Nestes casos o importe das axudas é para un período de catro anos e varía entre os 200.000 e os 400.000 euros en total, cantidades que veñen determinadas por unha contía estrutural máis outra variable asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo como un indicador xenérico da súa competencia e capacidade de consolidación, e distribúese por anualidades de acordo a un módulo fixo anual e outro variable.

Grupos de Potencial CrecementoNos Grupos de Potencial Crecemento (Modalidade B) hai un total de 45 grupos beneficiados, que reciben un total de 90.000 euros para a súa liña de investigación durante tres anos.

Estes grupos, sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos, e están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Proxectos de excelenciaOs Proxectos de Excelencia (Modalidade C) están concibidos para o financiamento de proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente e con dúas liñas específicas en función das características dos investigadores: a liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada e a liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

Trátase de apoiar a investigadoras ou investigadores individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo durante un período de ata cinco anos baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Trátase de reforzar o labor dos científicos máis activos do sistema como os que obtiveron unha axuda Starting Grant do ERC (European Research Council), do Programa Ramón y Cajal e do Miguel Servert, os máis prestixiosos de Europa e de España respectivamente.

Ao abeiro desta liña resultaron beneficiados un total de 17 investigadores de traxectoria excelente, que recibirán unha contía que vai entre os 90.000 e os 200.000 euros.

Conceptos subvencionablesAs axudas das tres modalidades poden destinarse ao custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación, ferramentas de xestión do coñecemento e a información (aplicacións informáticas, bases de datos, etc), pequeno equipamento inventariable e material funxible, material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas; e formación do persoal do grupo relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías curtas, así como a viaxes e axudas de custo de membros do grupo para a actividade obxecto da axuda.

A contratación de investigadores visitantes, a organización de actividades de difusión, a publicación dos resultados da investigación en aberto (sempre e cando sexan como consecuencia da actividade do grupo), a consultaría e asesoramento externo, os gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría e os custos indirectos tamén serán conceptos subvencionables.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre