Inicio Galicia A Xunta financia con 73.000 euros a renovación integral do pavimento e...

A Xunta financia con 73.000 euros a renovación integral do pavimento e servizos do camiño vello de Verxeles, en Viveiro

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se dotou a esta vía urbana dunha rede separativa de augas pluviais e se renovou a de abastecemento, entre outras actuacións


A Xunta de Galicia sufragou os 73.326 euros investidos nas obras de renovación integral do Camiño Vello de Verxeles, en Viveiro, a través do Fondo de Compensación Ambiental que xestiona a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a zona e explicou que se renovaron o pavimento e os servizos urbanos co fin de mellorar a funcionalidade e a estética da contorna. Na visita participou tamén a alcaldesa, María Loureiro, entre outros.

O denominado Camiño Vello ou Camiño Real Verxeles forma parte do viario do núcleo urbano de Viveiro, sendo un dos accesos máis utilizados da cidade; a actuación desenvolveuse no treito de 270 metros comprendido entre a rúa Verxeles e a Avenida da Xunqueira.

Entre as principais actuacións que se acometeron destaca a reordenación dos sumidoiros e a conexión a unha nova rede separativa de augas pluviais, que antes discorrían libremente pola vía e ían directamente á rede de saneamento. Igualmente, melloráronse os servizos de saneamento, abastecemento e iluminación pública, instalados hai máis de 30 anos e que quedaran obsoletos debido ao uso e ao crecemento urbanístico.

Así, construíuse unha nova rede de abastecemento de auga potable e ampliouse a rede de saneamento, executando novos pozos de rexistro e incrementando a sección dos tubos da rede de augas residuais. Procedeuse á canalización dos cables do sistema de iluminación, o que permitiu liberar as fachadas e mellorar notablemente a estética da rúa. Por último, renovouse o pavimento mediante a aplicación de aglomerado en quente con 6 centímetros de espesor.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre