Inicio Galicia A Xunta financia con 30.000 euros a compra dun vehículo destinado a...

A Xunta financia con 30.000 euros a compra dun vehículo destinado a labores ambientais para o Concello de Gondomar

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello e explicou que o novo vehículo foi adquirido no marco do Fondo de Compensación Ambiental


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Gondomar, onde o Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, achegou 30.000 euros para a compra dun vehículo patrulla destinado ás funcións que a policía local ten asignadas na protección do medio ambiente e do espazo natural. O investimento da Xunta no municipio nos últimos anos a través das distintas liñas de axudas da Vicepresidencia ascende a case 162.000 euros.

O vehículo adquirido é un todoterreo con tracción total 4×4 que permite chegar a zonas de difícil acceso. Con este investimento, o concello de Gondomar suma medios para levar a cabo actuacións de protección do medio ambiente e do patrimonio natural do municipio, así como labores de prevención de riscos e intervencións de emerxencias.

Marta Fernández-Tapias destacou que esta dotación contribuirá a mellorar a contorna natural e a seguridade da veciñanza e, polo tanto, o seu benestar. Nesta liña, incidiu na importancia de impulsar a colaboración da Administración autonómica cos concellos galegos, en tanto que son a administración máis próxima á cidadanía, para executar proxectos que inciden directamente na mellora súa calidade de vida.

Esta achega ao concello de Gondomar foi posible grazas ao Fondo de Compensación Ambiental que desde 2010 permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna. Trátase dunha das ordes de axudas da Vicepresidencia, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 11 millóns de euros. No marco deste fondo, a Xunta financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre