Inicio Galicia A Xunta financia con 23.000 euros traballos de mellora do entorno do...

A Xunta financia con 23.000 euros traballos de mellora do entorno do Mosteiro de San Salvador e de sinalización dunha ruta en Lourenzá

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que Turismo de Galicia financia o 65 por cento do custo das actuacións  

A Xunta de Galicia achega 23.000 euros ao concello de Lourenzá para actuacións de embelecemento do entorno do Mosteiro de San Salvador e de sinalización de recursos turísticos do municipio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que Turismo de Galicia asume o 65 por cento do orzamento destas actuacións, ao abeiro da convocatoria de axudas para a mellora da sinalización e da accesibilidade aos recursos turísticos do rural.

En concreto, a Xunta subvenciona un proxecto do concello para urbanizar a zona posterior do espazo libre existente para incorporalo á Praza César Chavarría Pacio, mellorando así o entorno do mosteiro.

Igualmente, a achega tamén servirá para financiar un proxecto de mellora da sinalización de varios recursos turísticos, entre eles igrexas e capelas do municipio, de xeito que se facilite un percorrido que invite a coñecer máis en profundidade os distintos núcleos de Lourenzá.

Leer más:  La Guardia Civil colabora en el transporte de un corazón para un trasplante urgente en el Chuac

O delegado territorial subliñou que as axudas de Turismo de Galicia teñen por obxecto “consolidar a oferta turística nos municipios rurais a través da posta en calor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”. 


- Te recomendamos -