Inicio Galicia A Xunta financia a creación dunha ruta xeolóxica en Ribas de Sil,...

A Xunta financia a creación dunha ruta xeolóxica en Ribas de Sil, cun investimento de 20.000 euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que o Goberno galego sufraga integramente a actuación, que formará parte da ruta da Cubela

A Xunta de Galicia financia con 20.000 euros a creación dunha ruta xeolóxica no concello de Ribas de Sil, que discorrerá polo trazado da ruta de sendeirismo da Cubela, pasando polos lugares do Castro de Abaixo, Torbeo e A Cubela.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego achega a totalidade do orzamento da actuación, de forma que o concello só ten que asumir o IVE.

Todo o treito está dentro da Zona de Interese Comunitario (ZEC) Ancares-Courel e está percorrido por unha ruta circular moi transitada na que se pode apreciar a paisaxe característica do Canón do Sil xunto coa diversidade da flora e fauna e o patrimonio arqueolóxico e arquitectura románica e tradicional. Este proxecto pretende poñer o acento no interese xeolóxico da zona, dado que existen formación xeolóxicas interesantes como o denominado “Ollo de sapo”.

A intervención consistirá na colocación de paneis informativos e tamén na execución de varias obras como a formación de cunetas en varios tramos, colocación de pasos de auga e o estendido dunha pequena capa de zahorra nalgúns puntos.

Balseiro subliñou que esta axuda responde a un programa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para colaborar con concellos e particulares na conservación e acondicionamento dos espazos incluídos na Rede Natura 2000; fináncianse actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, culturais e naturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe e das condicións ambientais que os caracterizan. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre