Inicio Galicia A Xunta financia a contratación de 100 socorristas para as praias e...

A Xunta financia a contratación de 100 socorristas para as praias e piscinas de 40 concellos da provincia de Lugo

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 324.000 euros a cooperar cos municipios lugueses para que poidan garantir a seguridade nas zonas de baño durante o verán

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, facilitará a contratación de 100 socorristas que velarán pola seguridade nas praias e piscinas de 40 concellos da provincia de Lugo durante o verán.

A Administración autonómica destina 324.000 euros a cooperar cos municipios para contratar aos profesionais que exercerán labores de vixilancia e salvamento en praias, piscinas e áreas fluviais luguesas na tempada estival.

A Xunta atendeu as solicitudes de todos os concellos que pediron financiamento para contratar socorristas a través deste programa, que se enmarca na liña de cooperación administrativa entre o Goberno galego e as administracións locais.

Con esta medida foméntase a contratación de persoas sen emprego co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que contribúan a apoiar a súa inserción laboral, ao tempo que se reforzan servizos de interese xeral para os municipios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre