Inicio Galicia A Xunta finalizará este verán os centros de saúde de Paderne de...

A Xunta finalizará este verán os centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, en Ourense, nos que inviste máis de 1,7 millóns de euros

0

O novo centro de saúde de Paderne de Allariz, cun investimento de 625.000 euros, xa se atopa a máis dun 80% da súa execución total


A Xunta de Galicia finalizará este verán os centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, en Ourense, nos que inviste máis de 1,7 millóns de euros.

A conselleira Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe videoconferencias cos equipos responsables das obras dos centro de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar para supervisar o avance dos traballos.

Neste encontro constatouse que os traballos se están a realizar coas necesarias medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar contaxios polo COVID-19.

No que se refire á evolución das obras, no novo centro de saúde de Paderne de Allariz xa está executada a estrutura e moi avanzados os traballos de albanilería, pavimentos e alicatados.

O grao de execución destas instalacións sanitarias, nas que o Goberno galego inviste 625.000 euros, xa rolda máis do 80%.

No centro de saúde do Pereiro de Aguiar xa está rematada a envolvente exterior e a cuberta e tamén se avanzou no interior, restando traballos de pintura, iluminación, mobiliario ou sinalización. Tamén está pendente de executar a urbanización exterior. Este centro de saúde, cun orzamento autonómico de 1,1 millóns de euros, conta cun grao de execución do 85%.

Ethel Vázquez salientou que estes dous novos centros de saúde proporcionarán aos veciños destes concellos unha atención primaria máis próxima, máis moderna e mellor adaptada ás súas necesidades.

Subliñou a aposta pola sanidade pública que vén realizando a Xunta, que na actualidade ten en execución unha decena de centros de saúde, cun investimento de máis de 30 millóns de euros.

Fixo fincapé en que o Executivo autonómico segue construíndo a sanidade pública, que é esencial para estar preparados e poder ofrecer unha boa resposta ante situacións de emerxencia como a derivada do COVID-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre