Inicio Galicia A Xunta finaliza os traballos de plantación de 6.200 árbores autóctonas na...

A Xunta finaliza os traballos de plantación de 6.200 árbores autóctonas na contorna do encoro do Umia

0

Esta rexeneración do bosque de ribeira, cun orzamento de máis de 100.000 euros, súmase ás actuacións da Xunta para mellorar a calidade das augas do encoro

A Xunta de Galicia vén de rematar os traballos no bosque de ribeira na contorna do encoro do Umia, coa plantación de 6.200 árbores autóctonas.

Augas de Galicia realiza un investimento económico de máis de 100.000 euros neste proxecto que se suma ao conxunto de actuacións que vén desenvolvendo a Xunta para mellorar a calidade das augas do encoro do Umia.

As actuacións, que comezaron no pasado outono, consistiron na plantación destas especies autóctonas ao longo da península que forma o embalse e tamén na contorna do mesmo.

Os traballos centráronse na eliminación das especies alóctonas, eucalipto e piñeiro, e na posterior rexeneración do bosque con especies autóctonas como os carballos, bidueiros, alisos, castiñeiros, cerdeiras ou sauces.

O bosque de ribeira é un soporte natural do ecosistema fluvial que favorece o equilibrio dese entorno e funciona como filtro ante a contaminación. Ademais, estes traballos diminuirán o risco de propagación de incendios forestais.

A mellora do bosque de ribeira contribuirá a consolidar as masas arbóreas da zona, que supoñen un importante ecosistema, tanto a nivel ecolóxico como ambiental, xa que aumenta a capacidade de fixar o chan das beiras, evita a erosión e mellora a calidade das augas por mor do seu labor de ‘filtro’.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre