Inicio Galicia A Xunta finaliza as obras de reforma e modernización da estación de...

A Xunta finaliza as obras de reforma e modernización da estación de autobuses de Burela, ás que destinou 72.000 euros

0

Os traballos supuxeron unha mellora significativa da cuberta, a renovación da rede de recollida de augas pluviais e da instalación eléctrica e o pavimentado da zona de circulación dos autobuses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora e modernización da estación de autobuses de Burela, ás que destinou un orzamento de 72.000 euros.

Os traballos realizados supuxeron unha significativa mellora da cuberta, tanto da dársena como do propio edificio; así como a renovación da rede de recollida de augas pluviais. O proxecto tamén incluíu o pavimentado da zona de circulación dos autobuses, que presentaba deterioro nalgúns puntos.

Así mesmo, coa finalidade de reforzar os servizos para as persoas usuarias, instaláronse máis bancos na zona de agarda; colocouse unha pantalla electrónica para informar sobre horarios e liñas de transporte e púxose un novo rótulo identificativo da estación.

As obras serviron ademais para renovar a instalación eléctrica, modernizar os aseos e executar varios traballos de acondicionamento de sistemas de peche, portas, interruptores, pintado da totalidade das superficies ou aplicación de tratamentos anticorrosión, entre outros.

A construción da estación de Burela data do ano 1989. Está emprazada no centro da vila, nun entorno residencial relativamente novo, e ademais de ser un punto de saída e chegada de autobuses comparte usos como estación ferroviaria. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre