Ildefonso de la Campa destacou a importancia de que administracións e entidades traballen conxuntamente para acadar a plena inclusión, tamén no deporte
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2019.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu hoxe á gala e entrega de premios da liga de fútbol sala e baloncesto de Special Olympics Galicia. Alí felicitou aos participantes pola súa valentía e o seu afán de superación continua.
Ildefonso de la Campa sinalou que o Goberno galego traballa cada día para acadar a plena inclusión. Neste sentido, destacou que tamén nos ámbitos do ocio, a cultura e o deporte as administracións e as entidades deben traballar da man para lograr unha maior implicación da sociedade.
O director xeral fixo fincapé en que para este cometido a Xunta amplía de cara ao 2020 os fondos destinados á dependencia e discapacidade. En concreto, destinaranse seis de cada dez euros xestionados pola Consellería de Política Social. Isto son 450 millóns de euros, un 5% máis que no actual exercicio.