Inicio Galicia A Xunta felicita ao Concello da Laracha pola súa implicación no programa...

A Xunta felicita ao Concello da Laracha pola súa implicación no programa europeo ?Europa para los Ciudadanos?

0

A Comisión Europea seleccionou o proxecto do municipio coruñés chamado ‘Fortalecer unha Europa solidaria en tempos de migración’

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá ao primeiro evento organizado polo Concello da Laracha dentro do proxecto Fortalecer unha Europa solidaria en tempos de migración, onde felicitou á corporación municipal pola súa implicación e traballo. A Comisión europea seleccionou a iniciativa do municipio coruñés dentro do programa Europa para los Ciudadanos, redes de Ciudades de la Medida 2.2 para el año 2014-2020.

Mediante esta iniciativa, o Concello reunirá a alcaldes e representantes de administracións locais, expertos de entidades oficiais gobernamentais e a responsables de organizacións da sociedade civil. Un total de 20 entidades de 19 países diferentes de Europa como Francia, Grecia, Hungría, Italia, Malta, Letonia, Lituania, Finlandia ou a República Checa. En España foron aprobados un total de 12 proxectos, dos cales catro corresponden a concellos de Galicia. O programa do Concello da Laracha desenvolverá cinco eventos temáticos en diferentes países nos que se tratarán temas reais como a emigración, a solidariedade, a cooperación, o voluntariado, o escepticismo ou a participación activa da sociedade da Unión Europea. Este primeiro evento tivo lugar en Santiago de Compostela e na Laracha onde se asinou o Pacto de Amizade entre os representantes das 20 entidades participantes, mentres os catro restantes serán o próximo ano en Malta, Lituania, Croacia e Hungría.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre