Inicio Galicia A Xunta felicita ao centro de atención á discapacidade de Redondela polos...

A Xunta felicita ao centro de atención á discapacidade de Redondela polos seus 25 anos de traballo

0

O Goberno galego pon á disposición das familias da contorna 120 prazas públicas

A Consellería de Política Social felicita ao Centro de Atención á Discapacidade (CAPD) de Redondela pola súa traxectoria logo de 25 anos prestando servizos a 120 veciñas e veciños da contorna. Ao acto de aniversario, celebrado esta tarde, asistiu o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, quen destacou a calidade dos coidados ofrecidos polos traballadores destas instalacións.

Durante o acto de aniversario proxectouse a película Actividades do CAPD dos últimos 25 anos na que se fai un resumo pola percorrido deste centro. O director xeral destacou a importancia de que as administracións públicas velen por garantir os mellores coidados e atencións ao maior número de persoas, un labor polo que, asegurou, traballa día a día a Xunta de Galicia.

Para iso, a Administración autonómica incrementará nos orzamentos do 2020 os fondos destinados á dependencia nun 5,2% ata chegar aos 450 millóns de euros, isto é, seis de cada dez euros xestionados pola Consellería de Política Social. Durante este exercicio, o CAPD de Redondela recibiu 7,5 millóns de euros entre salarios e mantemento das instalacións.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre