Inicio Galicia A Xunta felicita á Asociación Bata polos seus 30 anos de traxectoria...

A Xunta felicita á Asociación Bata polos seus 30 anos de traxectoria axudando ás persoas con autismo e ás súas familias

0

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu hoxe á gala polo 30 aniversario da Asociación Autismo Bata afincada en Vilagarcía de Arousa. Alí gabou o labor realizado por esta entidade para mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista así como ás súas familias.

Ildefonso de la Campa destacou a importancia de asociacións como Bata para o desenvolvemento dun proxecto de vida por parte das persoas con autismo tanto a través de servizos de emprego, como con unidades de avaliación e diagnóstico ou mediante a súa rede de vivendas con apoio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre