Inicio Galicia A Xunta facilitou ata o de agora máis de 577.515 unidades de...

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 577.515 unidades de protección a un centenar de centros sociais da área de Vigo

0

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 292.610 luvas, 264.141 máscaras e 20.764 batas, entre diverso material protección de desinfección

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo. Deste modo, na última semana enviáronse en conxunto 37.200 luvas, 26.879 máscaras e 1.072 batas, entre diverso material de protección e desinfección e limpeza a 63 centros, facendo un total de 74.193 novas unidades en conxunto, que inclúen pantallas, gorros, calzas e diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos 101 centros sociais da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 577.515 unidades de material de protección. Así, foron 292.610 luvas, 264.141 máscaras e 20.764 batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza que suman un total de 58.602 unidades.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade,, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre