Inicio Galicia A Xunta facilitou ata o de agora máis de 1.904.784 unidades de...

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 1.904.784 unidades de protección aos centros sociais da área territorial de Vigo

0

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación 988.490 luvas, 821.212 máscaras e 22.417 batas, entre diverso material protección fronte a COVID-19

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo. Deste modo, nas dúas últimas semanas enviáronse en conxunto 123.400 luvas, 102.500 máscaras e 2.504 batas, entre diverso material de protección e desinfección e limpeza a 128 entidades sociais, facendo un total de 228.890 novas unidades en conxunto, que inclúen diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 1.904.784 unidades de material de protección. Así, foron 988.490 luvas, 821.212 máscaras e 22.417 batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre