Inicio Galicia A Xunta facilitará a reactivación presencial dos programas de formación para o...

A Xunta facilitará a reactivación presencial dos programas de formación para o emprego que garantan as medidas de seguridade pertinentes

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá na Coruña as instalacións do Centro de Iniciativas Profesionais (CiP-Formación), onde sinalou a necesidade de recuperar os programas para mellorar a empregabilidade

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá na Coruña as instalacións do Centro de Iniciativas Profesionais (CiP-Formación), onde sinalou o papel fundamental das políticas activas de emprego para a recuperación dos profesionais e o impulso á economía na nova realidade poscovid-19.

A este respecto, Casal puxo de manifesto a necesidade de retomar a fórmula presencial dos programas de formación para o emprego, interrompidos durante estado de alarma e reformulados a un modelo virtual. Deste xeito, o director subliñou que a vontade da Xunta é a reactivación física destas clases a partir do vindeiro 1 de xullo, garantindo as medidas de hixiene e saúde pertinentes, seguindo o marcado polos protocolos sanitarios e permitindo a conclusión práctica do programa. A prolongación das clases presenciais corresponderíase coas pospostas no estado de alarma.

O responsable de Orientación e Promoción Laboral situou a formación no centro da recuperación económica, asegurando que a potenciación das competencias dos profesionais e desempregados contribuirá a facilitar a inserción laboral e a reforzar o tecido empresarial, ao responder coa máxima eficiencia ás demandas de perfís e competencias por parte das empresas, especialmente pemes e autónomos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre