Inicio Galicia A Xunta facilita que nenos e nenas saharauís pasen os meses de...

A Xunta facilita que nenos e nenas saharauís pasen os meses de verán acollidos en familias galegas

0

O programa ‘Vacacións en Paz’ permite traer a Galicia máis de 300 saharauís menores de idade procedentes dos campamentos de refuxiados de Alxeria

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), Maite Isla Avión, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que dá continuidade ao programa ‘Vacacións en Paz’ que permite o acollemento en familias de nenos e nenas saharauís durante a tempada estival. No acto, que se celebrou no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, tamén participou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, cuxo departamento achega a este acordo 75.000 euros para facilitar a viaxe dos menoresNa súa intervención, o conselleiro enxalzou o compromiso das familias que durante os meses de xullo e agosto acollen nas súas casas a menores que proceden dos campamentos de refuxiados do deserto alxeriano de Tinduf, onde nesa época do ano as temperaturas chegan a superar os 50 grados. Nesta liña, apuntou que “valores como a tolerancia, o respecto e a solidariedade están moi presentes nesta iniciativa”, que permite a uns 300 nenos e nenas desfrutar dun verán cheo de alternativas de ocio e de lecer.

Ademais, Rey Varela fixo fincapé no que os menores saharauís achegan ás súas familias de acollida posto que “motivan que reflexionemos sobre moitas cousas ás que damos máis importancia da que teñen en realidade, e ábrennos os ollos e a mente ao amosarnos outra perspectiva de ver e estar no mundo”, sinalou.

Por último, o titular de Política Social destacou a implicación dos concellos neste programa de ‘Vacacións en Paz’, así como o traballo que tamén realiza sobre o terreo Sogaps, co desenvolvemento de iniciativas de carácter cultural ou educativo nos propios campamentos de refuxiados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre