Inicio Galicia A Xunta facilita a mobilidade exterior de mozos e mozas a través...

A Xunta facilita a mobilidade exterior de mozos e mozas a través de Galeuropa

0

A iniciativa de EFA, cun orzamento superior aos 57.000 euros, permitirá que 14 persoas realicen prácticas formativas durante máis de dous meses en empresas de Italia, Irlanda e Portugal


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos mozos e mozas participantes no proxecto promovido pola Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia (EFA) no marco do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa.

O proxecto, cun orzamento de 57.708,84 euros, facilitará que 14 mozos e mozas, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen prácticas formativas non retribuídas durante dous meses e sete días en empresas de Italia, Irlanda e Portugal –seis na cidade de Bolonia (Italia), catro en Cork (Irlanda) e catro en Barcelos (Portugal)-.

Cecilia Vázquez sinalou que “a mobilidade das persoas mozas é fundamental para o intercambio de ideas e a difusión da innovación, un elemento positivo cara a súa empregabilidade, desenvolvemento persoal e profesional e para a adquisición de aptitudes interpersoais e competencias transversais e interculturais”. “A mobilidade da xuventude é un instrumento clave para fomentar o entendemento mutuo e a cooperación, xa que lle proporciona coñecementos e capacidades útiles que poden axudarlle a adquirir unha comprensión xeral das diferentes actitudes fronte a vida e as distintas situacións coas que poden atoparse”, engadiu a titular do departamento autonómico. Unha vez rematado o seu proxecto de mobilidade, os participantes poden obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de xuventude, como instrumento que permite confirmar a participación nos programas de educación non formal e sobre todo validar as competencias adquiridas. Neste senso, Vázquez subliñou que “a inserción laboral dos mozos e mozas non ven dada só pola capacidade que demostren ao adaptarse ás demandas laborais, senón tamén pola posibilidade de que os empregadores poidan ter unha imaxe máis completa dos mesmos á hora de contratalos (habilidades persoais, sociais, lingüísticas…) en cuxo percorrido pode desempeñar un papel decisivo a certificación de experiencias de educación non formal”. “Coa participación en proxectos de educación non formal como é o caso do programa Galeuropa, os mozos e mozas melloran a visión da súa empregabilidade, mostrando o que son como individuos, en canto proveedores de experiencia e habilidades, unhas inherentes e outras adquiridas”, engadiu.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 8,9% en enero y las importaciones disminuyen un 2,5%

O programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Cun orzamento no ano 2018 de 2,5 millóns de euros, pretende financiar e apoiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas entre dous e tres meses de duración en entidades e empresas públicas ou privadas de 27 países da Unión Europea ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude ou proxectos de concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía da axuda por mozo e moza establécese en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración da mesma; e inclúe unha axuda para os gastos de aloxamento e manutención e para a viaxe. O importe total da axuda inclúe para a entidade de envío unha axuda á organización da mobilidade (550 euros por participante) e a súa execución, así como unha axuda á entidade de acollida.

Leer más:  Los 70 pediatras que consiguieron una plaza fija por concurso en el Sergas deberán incorporarse antes del 18 de abril

A titular do departamento autonómico lembrou que nesta última convocatoria, no caso das entidades sen ánimo de lucro foron presentados 22 proxectos, dos que resultaron beneficiarios 18 cun orzamento adxudicado de 1,2 millóns de euros e un total de 228 mobilidades aprobadas: 70 para Italia, 54 para Portugal, 38 para Reino Unido, 26 para Irlanda, 12 para Alemaña, 8 para Bulgaria, 8 para Malta, 8 para Polonia e 4 para Francia.

As entidades sen ánimo de lucro beneficiarias con 15 mobilidades aprobadas de tres meses de duración son: Asociación Extramundi (Santiago), Grupo Compostela Universidades (Santiago), Sustinea (Ourense), Xeración Asociación Cultural (Narón), Alrocava (Oleiros), Euroxuntude (A Coruña) e Asociación Foro, LC (Oleiros); con 14 mobilidades de tres meses de duración, Asociación Erasmus Compostela (Santiago) e Asociación cultural Ingalicia (A Coruña); con 12 mobilidades de tres meses de duración, Asociación Fogart (Santiago), Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (Ourense), Amigos da Terra (Ourense) e Asociación xuvenil Muxema (Negreira); con 8 mobilidades de tres meses de duración, Fundación Paideia Galiza (A Coruña), Asociación sociocultural Luenda (A Baña) e ONG Mestura (Culleredo); con 9 mobilidades de dous meses e 15 días de duración, Asociación Terras de Compostela (Vedra); e con 14 mobilidades de dous meses e sete días de duración, a Federación EFA Galicia (Santiago).

Leer más:  El hombre que violó a una amiga de la pareja de su hermano en Orense fue condenado a ocho años de cárcel

No caso de entidades locais, foron aprobados tres proxectos, cun orzamento adxudicado de 265.614,90 euros e un total de 50 mobilidades: 20 para Reino Unido, 11 para Italia, 8 para Irlanda, 6 para Malta e 5 para Países Baixos. As entidades locais beneficiarias son: a agrupación de concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces, con 20 mobilidades de tres meses de duración; a agrupación de concellos Negreira- Val do Dubra con 10 mobilidades de tres meses de duración; e a Mancomunidade de concellos de Ordes con 20 mobilidades de dous meses e 17 días de duración.

Na modalidade de axudas individuais, resultaron beneficiarios 188 mozos e mozas cun orzamento adxudicado de 764.510,03 euros. Segundo o país de realización das prácticas, estes 188 mozos e mozas, sen prexuízo de posibles renuncias ou cambios de país, realizarán a súa mobilidade nun total de 16 países: 71 no Reino Unido; 47 en Portugal; 12en Irlanda; 11 en Italia; 9 en Polonia; 8 en Malta; 7 en Francia; 6 en Alemaña; 5 en Grecia, 3 en Países Baixos; 2 en Dinamarca; 2 en Eslovenia; e en Lituania; 1 en Chipre; e en Estonia; e 1 en Suecia. 


- Te recomendamos -