Inicio Galicia A Xunta expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante o...

A Xunta expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante o asasinato dunha muller no concello de Lugo

0

O Goberno galego recorda que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono da muller 900400273 ou o 016, gratuíto e confidencial

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ao asasinato dunha muller no concello de Lugo, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero.

O Goberno galego manifesta a súa consternación ante este crime e, á espera de que a investigación confirme se é un caso de violencia de xénero, fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.

Así mesmo, a Xunta anima ás persoas que estean sendo vítimas de malos tratos a denunciar para que así se lles poidan prestar as axudas necesarias para rachar coa situación de violencia na que están inmersas. Teñen á súa disposición un amplo abano de medidas: protección policial, axudas económicas, asesoramento e información, apoio psicolóxico ou a rede de casas de acollida.

Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas de violencia de xénero tamén poden acudir ao teléfono da muller 900400273 ou o 016, un servizo gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre