Inicio Galicia A Xunta expón no Museo Gaiás da Cidade da Cultura as obras...

A Xunta expón no Museo Gaiás da Cidade da Cultura as obras finalistas da modalidade de graffiti no Xuventude Crea

0
image_gallery.jpg

A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 a 20:00 horas de luns a domingo


A Xunta de Galicia expón no Hall de tirantes do Museo Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, as dez obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. A mostra destes murais estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 ás 20:00 horas de luns a domingo.

Os participantes da fase final de graffiti, que se celebrou o pasado 7 de novembro na Alameda de Santiago de Compostela, tiveron que realizar en directo as súas creacións, que logo foron avaliadas por un xurado profesional que valorou a orixinalidade, a dificultade de execución, o deseño, a estrutura e a calidade de cada unha das obras. Polo tanto, estas pezas, que agora se poden ver na Cidade da Cultura, son obras orixinais, inéditas e executadas nun panel mural de 4 x 2 metros.

Obras expostasCómpre recordar os gañadores e demais finalistas desta especialidade de Xuventude Crea: O primeiro premio foi para Javier Caamaño Pérez (A Coruña), coa obra O raposo; o segundo para Adrián Lomba Balea (Vigo), coa obra Estilo en continua construcción; o terceiro posto para Daniel Fernández Vargas (Baiona), coa obra Entusiasmo luminoso; e a mención de honra para Fernanda Rodríguez Miguélez (A Coruña), coa obra Escornabois.

Os outros seis participantes na final, cuxas obras tamén se poderán ver nesta mostra son: Marcos Fernández Cea (Sober), coa obra A trifulca das ideas; Sergio Leirós Pérez (Redondela), coa obra Técnica de graffiti; Julia Amigo López Abente (A Coruña), coa obra Valeria; Ismael Pérez Fernández (A Coruña), coa obra Macaco; Alva Vidal Capón (Tui), coa obra Se o carballo falase; e Daniel Abreu Fernández (Navia), coa obra Level´20.11ª ediciónO programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos da Consellería de Política Social, que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

A edición 2020 deste programa inclúe 14 especialidades: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (coas modalidades de pintura e escultura). Nesta edición, que acadou un récord de solicitudes con preto de 500 persoas mozas participantes, incorporáronse, como novidade, as especialidades de creación de videoxogos e novela curta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre