Anxo M. Lorenzo salientou o compromiso da Xunta coa dinamización da cultura no contexto da pandemia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inauguraron hoxe a mostra fotográfica Crebas, de Manuel Sendón, no Museo do Mar de Galicia.
Anxo M. Lorenzo destacou a beleza da achega fotográfica de Sendón a obxectos que de xeito habitual se consideran meros desperdicios e destacou a capacidade evocadora e concienciadora que estas imaxes teñen sobre o poder do mar e sobre o efecto da man do home nas nosas costas.
Asà mesmo, salientou o compromiso da Xunta de Galicia coa dinamización da cultura nestes tempos de pandemia, que se materializa na programación de mostras como a que hoxe se inaugurou no Museo do Mar de Galicia. “Traballamos para ofrecer as máximas garantÃas sanitarias para que a cultura sexa segura. A cultura, polo tanto, segue”, afirmou.
Tras o acto de inauguración, Anxo M. Lorenzo e Marta Fernández-Tapias asistiron ao concerto Mar de Mulleres, integrado no festival Mar de Cultura que acolle o museo vigués ata o 6 de decembro.
Ata o 31 de xaneiroO centro museÃstico dependente da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade expón ata o 31 de xaneiro un compendio de 30 fotografÃas de gran formato e un conxunto de máis de 40 pequenas, compoñendo un mosaico, realizadas por Manuel Sendón entre 2009 e 2011 na Costa da Morte. Nelas reflÃctense obxectos de todo tipo, pequenos tesouros botados pola forza das ondas á ribeira, nos que se aprecian os efectos da bravura do mar e do paso do tempo. En palabras do autor, “un intento por achegarse ao potente imaxinario do mar que existe na Costa da Morte”.