Inicio Galicia A Xunta expón as obras participantes no concurso do deseño do cartel...

A Xunta expón as obras participantes no concurso do deseño do cartel do programa Xuventude Crea

0

A gañadora foi Fátima Faílde Fernández de Piñor (Ourense), quen recibe un premio de 500 euros


A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe no IES Rosalía de Castro (Santiago) a exposición que recolle os 25 proxectos presentados para ser a imaxe este ano do programa Xuventude Crea. Esta iniciativa, que impulsa o departamento autonómico, é hoxe en día a maior manifestación das posibilidades creativas dos mozos e mozas galegas ao facilitar o desenvolvemento das súas inquedanzas en 13 especialidades: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, moda, fotografía, deseño de xoias, graffiti, música, poesía, relato breve, skate, teatro, cociña e videocreación.

Ademais da apertura da mostra, que estará aberta ao público ata o 31 de agosto, se deu a coñecer á gañadora do concurso de deseño do cartel, obra de Fátima Faílde Fernández, de Piñor (Ourense), quen recibe un premio de 500 euros. Así mesmo, o xurado fixo unha mención especial, sen dotación económica, a Aldara Fernández Núñez, de Muros (A Coruña).

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Cecilia Vázquez celebrou a calidade das ideas presentadas, preludio dixo, dos traballos que se desenvolverán este ano en Xuventude Crea, que “leva desde o ano 2006 axudando a visibilizar o talento e a creatividade da mocidade galega en todas as súas disciplinas e expresións”. “Podemos estar orgullosos das iniciativas dos nosos mozos e mozas porque nós queremos facilitarlles o espazo e as ferramentas para impulsar a súa posible proxección e inserción profesional futura, pero a imaxinación, o xenio e as habilidades son súas”, sostivo.

A titular autonómica resaltou que “o potencial de futuro da xuventude constitúe un dos meirandes activos de Galicia, porque o máis importante que unha sociedade pode desexar é o capital humano”.

A directora xeral lembrou que o ano pasado interviñeron en Xuventude Crea un total de 376 mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos, que presentaron 299 proxectos individuais e en grupo. Foron premiados medio centenar de proxectos e 69 participantes. Cada unha das 13 especialidades conta con tres premios, que poden ser compartidos: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros  

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

- Te recomendamos -