Inicio Galicia A Xunta explica ás cooperativas agrogandeiras galegas a futura Lei de recuperación...

A Xunta explica ás cooperativas agrogandeiras galegas a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, explicou esta tarde a representantes das cooperativas agrogandeiras galegas os contidos da Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia. Esta xuntanza de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter o conselleiro con diferentes colectivos sociais e económicos -esta mesma mañá cos membros do Consello Forestal- para dar conta desta norma, que iniciará proximamente a súa tramitación.

No acto, que se desenvolveu no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), e no que tamén participou o deputado popular Moisés Blanco, o titular de Medio Rural sinalou que o principal obxectivo deste texto legal é loitar contra o abandono e facilitar base territorial suficiente a aquelas explotacións que o precisan. Indicou tamén que se procura anticiparse aos lumes e traballar pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación, mediante ferramentas voluntarias como os polígonos agroforestais, os proxectos de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre