Inicio Galicia A Xunta explica aos grupos de desenvolvemento rural a futura Lei de...

A Xunta explica aos grupos de desenvolvemento rural a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria

0

Esta xuntanza de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter o conselleiro con diferentes colectivos sociais e económicos para dar conta desta norma


O conselleiro do Medio Rural, José González, explicou esta tarde a representantes dos distintos grupos de desenvolvemento rural (GDR) os principais contidos da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación.

Esta xuntanza de traballo, na que tamén participou o deputado popular Moisés Blanco, forma parte da rolda de contactos que está a manter o conselleiro con diferentes colectivos sociais e económicos para dar conta desta norma.

Na reunión, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), José González sinalou que o principal obxectivo deste texto legal é loitar contra o abandono e facilitar base territorial suficiente a aquelas explotacións que o precisan. Indicou tamén que se procura anticiparse aos lumes e traballar, en definitiva, pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación no rural.

Para iso, explicou o titular de Medio Rural, poñeranse en marcha ferramentas voluntarias como os polígonos agroforestais, agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre